Poio Confía… Cercanía e Seguridade

Grazas a Marisé de Autoescuela Arias , Loli de Aires Da Terra e Marga de O Eirado das Margaridas pola vosa intervención e a vosa xenerosidade.

O Concello de Poio mantén a súa aposta polo comercio local e de proximidade a través de Poio Confía, un programa impulsado a través dos departamentos de Concellería de Promoción Económica – Concello de Poio e Turismo de Poio no que preto dun cento de establecementos do tecido comercial e hostaleiro de Poio se distinguen como comercios e empresas seguros, que cumpren con todos os requisitos en materia de seguridade sanitaria, aforo e hixiene fronte a COVID-19. 

Este programa, no que a visibilidade das pequenas empresas e autónomos é un fío condutor, pon en valor o esforzo e compromiso dos nosos comerciantes e autónomos nun contexto tan difícil como o provocado por esta pandemia. Tendas, autoescolas, comercios, librarías, profesionais da rotulación, tatuaxe ou zapaterías están entre os negocios con selo Poio Confía, que garante a seguridade dos seus clientes e usuarios e usuarias e que podedes atopar no Mapa Poio Confía en 

www.poioconfia.org

poioconfia@gmail.com

625 120 475

Vídeo: Thomas de Metropolis.coop

Soytuhelper Silvia Díaz Iglesias Gregorio Agis Mariem F. – Sherpa empresarial

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *